mércores, 6 de agosto de 2025

TIRO Á CHAVE TORNEO DE SAN AMADEIO (BUEU)

    

 

 

 

 

 Hoxe pola tarde, en Santo Amedio e dentro das actividades da ROMARÍA DE SANAMAEDIO (Beluso-Bueu), disputarase o Torneo de Tiro á Chave. Torneo no que poden participar tanto persoas que xogan regularmente á Chave como persoas aficionadas. Haberá premios e trofeos moi atractivos e refrescantes para as distintas categorías.

 

   

 

     Tamén, nos aseguran desde a organización que Charri vai intentar o reto máis difícil da súa carreira deportiva. Despois de conseguir o ano pasado lanzar 6 pellos e conseguir 0 chaves, pois ben, este ano intentará completar a fazaña e lanzar 12 pellos para lograr o extraordinario obxectivo, ao alcance de moi poucos xogadores, de 0 chaves. 

 

 

Charri co seu trofeo do ano pasado pola xesta deportiva: 0 chaves

 

 




 

 



TIRO Á CHAVE TORNEO DE SAN AMADEIO (BUEU)

               Hoxe pola tarde, en Santo Amedio e dentro das actividades da ROMARÍA DE SANAMAEDIO (Beluso-Bueu), disputarase o Torneo de Tir...