Hoxe pola tarde, en Santo Amedio e dentro das actividades da ROMARÍA DE SANAMAEDIO (Beluso-Bueu), disputarase o Torneo de Tiro á Chave. Torneo no que poden participar tanto persoas que xogan regularmente á Chave como persoas aficionadas. Haberá premios e trofeos moi atractivos e refrescantes para as distintas categorías.
Tamén, nos aseguran desde a organización que Charri vai intentar o reto máis difícil da súa carreira deportiva. Despois de conseguir o ano pasado lanzar 6 pellos e conseguir 0 chaves, pois ben, este ano intentará completar a fazaña e lanzar 12 pellos para lograr o extraordinario obxectivo, ao alcance de moi poucos xogadores, de 0 chaves.
![]() |
| Charri co seu trofeo do ano pasado pola xesta deportiva: 0 chaves |




Ningún comentario:
Publicar un comentario